Tuesday 14 de May de 2024

A biblioteca de Ordes difunde o labor de Médicos sin Fronteras


A biblioteca municipal de Ordes acollerá ata o vindeiro día 18 a exposición fotográfica Médicos sin Fronteras. Unha mostra itinerante a través da que se pretende achegar a toda a poboación o labor desenvolvido pola dita ONG. No día de hoxe alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo tiveron a oportunidade de visitala e de coñecer máis estreitamente as orixes da dita organización. Para iso inclúese unha videomontaxe na que se abordan distintos aspectos e se mostra o traballo de campo realizado en diversos países en conflito espallados por todo o mundo.